Para qué   Cómo descargar / oír    Cómo subir audios   Contacto   


Programas
Producción
Colectivo/Asociación



Boletín de novedades
Recibe semanalmente en tu correo la lista de las novedades


Inicio > Especiales >


Programa especial V Conspirando por unha rádio libre. Rádio FilispiM, 93.9FM. Ferrol (GZ) 

Domingo 30 de marzo de 2008

Duración aproximada : 02:30:00

Producción: Radio FilispiM



Visitas: 655


Programa_especial_V_Conspirando_Radio_FilispiM_200308.mp3
.MP3

85.3 MB

Como todos os anos, o colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol , vén de argallar o "Conspirando". A semana santa(?) ferrolá, véuse asaltada pola quinta edición deste evento, que desta vez atopou o seu sitio no mesmo "Inferno": a Praza do Inferniño. Mentres os desfiles procesionais tomaban o centro da cidade departalmental, centos de persoas e dúcias de colectivos da comarca, conspiraban, baixo unha inmensa carpa habilitada polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, na súa particular penitencia anual, coincidindo co xoves santo(?), para máis inri. Este audio recolle os prolegómenos do Conspirando, con diversas conexións coa Feira de Colectivos, horas antes de que os ritmos punk, ska, reggae e funk, anularan son das trompetas e saetas, definitivamente.

 

A 5º edición do Conspirando por unha rádio libre, argallada polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol (Terra de Trasancos), estivo protagonizada en un primeiro termo por unha Feira de Colectivos, na que participaron: a Marcha Mundial das Mulleres de Trasancos, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Asociación Cometa (por un trato digno aos animais), Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como diversos artesáns. Todos eles encheron, coas súas diversas propostas, a carpa instalada na pista polideportiva da praza do Inferniño en Ferrol. Máis tarde, cara as 11:00 da noite, os grupos musicais da comarca, The Sweat, Ta´Crack (funk-rock) e os de Nigrán, Dakidarría (ska, reggae, punk) fixeron danzar, a un ritmo ben diferente ao marcado polas salmodias "semanasanteras", a máis de 500 persoas. Mais, estimamos, que durante toda a xornada chegaron a pasar, polo Conspirando, perto dun milleiro. O Conspirando por unha rádio libre, celébrase todos os xoves santos(?) en Ferrol, co obxecto de autofinanciar , e celebrar, á Rádio FilispiM, libre e comunitaria da Terra de Trasancos (Ferrol), que transmite no 93,9 da FM dende o ano 2005, por obra e graza do Colectivo Opaíí!.





Web relacionada: Rádio FilispiM 93.9FM, libre e comunitária Terra de Trasancos (Ferrol-GZ)

Canal RSS de Especiales




Contacta con el programa...

Enviar un mensaje





Especiales

Aquí encontrarás audios que no corresponden a ningún programa que regularmente esté disponible en nuestra web.


Más ediciones de Especiales

 I Congreso "Escuela pública de tod@s y para tod@s"- CONCLUSIONES 6/6

 I Congreso "Escuela pública de tod@s y para tod@s"- CONCLUSIONES 5/6

 I Congreso "Escuela pública de tod@s y para tod@s"- CONCLUSIONES 4/6

 I Congreso "Escuela pública de tod@s y para tod@s"- CONCLUSIONES 3/6

 I Congreso "Escuela pública de tod@s y para tod@s"- CONCLUSIONES 2/6

 I Congreso "Escuela pública de tod@s y para tod@s"- CONCLUSIONES 1/6

 I Congreso "Escuela pública de tod@s y para tod@s" - Entrevista

 Libro "Los ciclos del alma. El proceso de Conexión"

 Retransmisión especial: 4 de marzo, consulta ciudadana sobre la privatización del Canal de Isabel II

 Privatización Canal Isabel II - Charla informativa

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ...



Sitio generado con [Spip usa php3 y mysql]
Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid: www.urcm.net