Como todos os anos o Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM de Ferrol (A Coruña - GZ), organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do festival "CONSPIRANDO por unha radio libre".
Este ano cúmprense cinco edicións. É polo que procúrase un espazo aberto para a súa celebración. Así, deciden realizar todas as actividades, incluidas no "V CONSPIRANDO", na PRAZA DO INFERNIÑO, Ferrol, contando coa colaboración da Concellaría de Cultura.
PROGRAMA do "V CONSPIRANDO por unha radio libre"
MÚSICA:
Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: funk, tradicional e punk-rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría de madrugada.
Un dos grupos locais dos que xa podemos confirmar a súa presenza é THE SWEAT, que executan un irresistíbel funk-rock. Foron teloneiros de Macaco, nas pasadas festas de vrao de Ferrol + info do grupo en: http://es.myspace.com/thesweatfunk
ACTOS PARALELOS:
– PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de RFM (Rádio FilispiM), con conexións en directo, horas antes do festival.
– FEIRA DE COLECTIVOS, no propio festival, previa aos concertos con postos e material divulgativo dos diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, da nosa comarca que desexen participar e se inscriban previamente. Esta feira se desenvolvería nos postos que os colectivos instalaran na propia carpa, entre as 6:00 h. do serán e até que desexaren.
Opaii! - Rádio FilispiM, iniciou contacto con diversos colectivos de base da comarca do fin de convidarlles a participar na prevista "FEIRA DE COLECTIVOS". Lembramos a todos eles, que para colaborar, deste ou doutro xeito no "Conspirando", deben porse en contacto o antes posíbel con nós escribindo a: filispina@gmail.com
– GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM, 93.9FM
OBXECTO do "V CONSPIRANDO por unha radio libre"
O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadazón de fondos para autofinanciar Rádio FilispiM. Emisora, que non pertence a institución nen empresa con ánimo de lucro algunha, autoxestionada e ao servizo da comunidade, de aí que a proposta sexa libre e comunitaria, enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación.
Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais e a interelación das asociacións e grupos de base, que desexen participar na "FEIRA DE COLECTIVOS", para a difusión e mostra das iniciativas cidadás, a poboazón en xeral.
Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación Información Independente) - Rádio FilispiM, 93.9FM - Ferrol - Terra de Trasancos - GZ