Como todos os anos, o colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol , vén de argallar o "Conspirando". A semana santa(?) ferrolá, véuse asaltada pola quinta edición deste evento, que desta vez atopou o seu sitio no mesmo "Inferno": a Praza do Inferniño.
Mentres os desfiles procesionais tomaban o centro da cidade departalmental, centos de persoas e dúcias de colectivos da comarca, conspiraban, baixo unha inmensa carpa habilitada polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, na súa particular penitencia anual, coincidindo co xoves santo(?), para máis inri.
Este audio recolle os prolegómenos do Conspirando, con diversas conexións coa Feira de Colectivos, horas antes de que os ritmos punk, ska, reggae e funk, anularan son das trompetas e saetas, definitivamente.

30 de marzo de 2008
| Producción: Radio FilispiM
| Duración: 02:30:00

A 5º edición do Conspirando por unha rádio libre, argallada polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol (Terra de Trasancos), estivo protagonizada en un primeiro termo por unha Feira de Colectivos, na que participaron: a Marcha Mundial das Mulleres de Trasancos, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Asociación Cometa (por un trato digno aos animais), Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como diversos artesáns. Todos eles encheron, coas súas diversas propostas, a carpa instalada na pista polideportiva da praza do Inferniño en Ferrol.
Máis tarde, cara as 11:00 da noite, os grupos musicais da comarca, The Sweat, Ta´Crack (funk-rock) e os de Nigrán, Dakidarría (ska, reggae, punk)
fixeron danzar, a un ritmo ben diferente ao marcado polas salmodias "semanasanteras", a máis de 500 persoas. Mais, estimamos, que durante toda a xornada chegaron a pasar, polo Conspirando, perto dun milleiro.
O Conspirando por unha rádio libre, celébrase todos os xoves santos(?) en Ferrol, co obxecto de autofinanciar , e celebrar, á Rádio FilispiM, libre e comunitaria da Terra de Trasancos (Ferrol), que transmite no 93,9 da FM dende o ano 2005, por obra e graza do Colectivo Opaíí!.

Aquí encontrarás audios que no corresponden a ningún programa que regularmente esté disponible en nuestra web.
Archivos anuales
Canal RSS/Podcast

ÚLTIMAS EDICIONES



14_15_mayo_web.mp3
MP3 |21 Mio

En el programa matinal de radio vallekas, que se emite de martes a viernes de 9 a 10 de la mañana, hablamos hoy de la ’directiva de retorno’, tambièn conocida como ’directiva de la vuerguenza’. (…)



Proudhon_Ser_Gobernado.mp3
MP3 |1.3 Mio

Pieza experimental sobre un texto de Proudhon Podeis escuchar este audio experimental, donde Proudhon se sube al carro del tecno en busca de nuevas formas de expresión antiautoritarias.



vallekas_16_abril.mp3
MP3 |18.9 Mio

Programa en directo de Radio Vallekas. Todas las mañanas 9:00 a 10:00. Hoy entrevista con Peyo Ayerbe de la revista "Mugak", con Jesus Hidalgo del Sindicado de Obreros Inmigrantes y Cristina (…)