![]() |
|||
Programa especial V Conspirando por unha rádio libre. Rádio FilispiM, 93.9FM. Ferrol (GZ)
30 de marzo de 2008. Como todos os anos, o colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol , vén de argallar o "Conspirando". A semana santa(?) ferrolá, véuse asaltada pola quinta edición deste evento, que desta vez atopou o seu sitio no mesmo "Inferno": a Praza do Inferniño. Mentres os desfiles procesionais tomaban o centro da cidade departalmental, centos de persoas e dúcias de colectivos da comarca, conspiraban, baixo unha inmensa carpa habilitada polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, na súa particular penitencia anual, coincidindo co xoves santo(?), para máis inri. Este audio recolle os prolegómenos do Conspirando, con diversas conexións coa Feira de Colectivos, horas antes de que os ritmos punk, ska, reggae e funk, anularan son das trompetas e saetas, definitivamente.
Producción: Radio FilispiM | Duración aproximada: 02:30:00 A 5º edición do Conspirando por unha rádio libre, argallada polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol (Terra de Trasancos), estivo protagonizada en un primeiro termo por unha Feira de Colectivos, na que participaron: a Marcha Mundial das Mulleres de Trasancos, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Asociación Cometa (por un trato digno aos animais), Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como diversos artesáns. Todos eles encheron, coas súas diversas propostas, a carpa instalada na pista polideportiva da praza do Inferniño en Ferrol. |
|
| Esta web es un proyecto de la Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid (URCM) |
|