
Presentación de la campaña “Date una segunda oportunidad”, organizada por la Asociación Segunda Oportunidad en colaboración con el Consejo Español de Resucitación Cardiopulmonar (CERCP), con el (…)

Un novo centro social xurde en A Coruña (GZ), dende o sinceiro, pero tamén dende o arriscado. Unha okupación dun local abandonado á libre especulación é xa o contedor dunha chea de propostas alternativas argalladas polo colectivo A Cultura Pre oKupa.
O programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM, 93.9FM (Ferrol-GZ), entrevistou a un dos integrantes da asemblea deste colectivo.
Dende o pasado venres 14 de marzo de 2008 a cidade de A Coruña, posúe un novo centro social: O Laboratorio social okupado. Resultado da okupación do nº 14 do barrio das Atochas-Monte Alto. O colectivo A Cultura Pre oKupa é o responsábel desta acción, un grupo amplo de persoas, tando en idade como en adscripción.
Dende o seu blog, www.aculturapreokupa.blogaliza.org, difunden o día a día desta apaixoante aventura. Eles falan de que lles preocupa a realidade social e cultural da súa cidade en xeral, o do seu barrio en particular. Cren no traballo en común, dende abaixo, e cuestionan unhas institucións que non saben nin -semella- queren dar solución aos problemas de espazo que sofre a cidade de A Coruña. Espazos culturais, pero da cultura dende abaixo, non tutelada nen patrocinada. Espazos políticos, canto a participación activa da xente nova. Espazos, finalmente, fisicos, canto a imposibilidade de acceso á vivenda no individual pero tamén, canto a xestión de espazos públicos, colectivos.
A Cultura Pre oKupa, pretende ser un revulsivo social. Un impulso colectivo. Pretende tomar e recuperar un espazo en continuado desuso para activalo mediante multiples actividades culturais e sociais. A Cultura Pre oKupa, é un espazo físico e un territorio social aberto ao barrio e a cidade. Habita un espazo concreto pero escede dese lugar. É un proceso político, social e cultural. Un movimento que subvirte a realidade para construir aquí e agora, momentos acorde cos desexos e necesidades da comunidade humana que habitan.