O programa de Rádio FilispiM, 93.9FM (Ferrol-GZ), Divertimento para pequenos monstros, entrevista a Carlos Outeiro, membro da Mesa Pola Normalización Ligüística, quen explica o porqué da manifestación convocada para o vindeiro 18 de maio en Santiago de Compostela, baixo o lema "Polo dereito de vivirmos en galego". O día anterior, 17 de maio, celébrase en toda Galiza o día das letras galegas.

12 de abril de 2008
| Producción: Radio FilispiM
| Duración: 00:19:00

A Mesa pola Normalización Lingüística chama á sociedade galega a mobilizarse masivamente “Polo dereito a vivirmos en galego”, lema que encabezará a manifestación que a asociación en defensa da lingua convoca para o vindeiro 18 de maio en Santiago de Compostela. A asociación reclama que se cumpra a lexislación lingüística e que a “única lingua propia” de Galiza sexa “oficial na realidade e non só no papel”.

Nunha conferencia de imprensa celebrada anteriormente, o presidente da asociación, Carlos Callón, sinalou cales son os obxectivos fundamentais desta convocatoria: “Lembrarlles aos poderes públicos que teñen obriga de cumprir e facer cumprir a lexislación en materia lingüística” e “demandar que o galego sexa lingua cooficial na realidade, e non só no papel”, así como “recordar que o galego é o único idioma natural de Galiza, o que o Estatuto denomina lingua propia do país”. Callón convidou “aos que falan de imposición lingüística” a que “tenten vivir 24 horas en galego, e así comprobarán que non hai ningún ámbito onde se garanta minimamente o seu uso”. Ademáis, acusou ao Partido Popular de “romper consensos existentes previamente” e recordou que “o PP sempre votou a favor de leis e proxectos a favor do galego cunha condición: que non se poñan en práctica”. Callón demandou que se dea “un baño de realismo aos discursos sobre lingua e que de verdade se dea un proceso de normalización do galego”.

A manifestación, parte principal dos actos que a asociación prepara para o Día das Letras Galegas, sairá ás doce do mediodía da Alameda compostelá, e rematará na Praza da Quintana, lugar onde se lerá un manifesto. A este manifesto poderanse unir tanto persoas a título particular como asociacións e colectivos. Trátase dunha convocatoria aberta a toda a sociedade sen distinción, unha mobilización cidadá plural.

O responsábel da Mesa pola Normalización Ligüística na comarca de Ferrol, Carlos Outeiro, foi convidado o pasado xoves 10 de abril aos micros da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9FM, para nos contar quen son e como avalían o estado da lingua no país e, mesmo, na nosa bisbarra.

Aquí encontrarás audios que no corresponden a ningún programa que regularmente esté disponible en nuestra web.
Archivos anuales
Canal RSS/Podcast

ÚLTIMAS EDICIONES



20170602_El_Salto_ECO.mp3
MP3 |49.4 MB




201705_campanaAI-VALIENTE.mp3
MP3 |56.6 MB




20160223_informeAI_2015-16.mp3
MP3 |65 MB