T
 
Manifestación contra a planta regasificadora Reganosa. Domingo 8 de xuño, Ferrol (GZ)

19 de junio de 2008. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (A Coruña-GZ), convocou o pasado domingo 8 de xuño de 2008 as 12:00 horas, unha nova manifestación que partiu do porto de Ferrol, co fin de visualizar a terríbel equivocación que supón a instalación e posta en marcha da planta regasificadora Reganosa, na súa actual ubicación: a menos de dous quilómetros de núcleos poboacionais coma Mugardos ou Ferrol. Rádio FilispiM 93.9 FM, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos-Ferrol, realizou un programa especial con conexións en directo durante a manifestación e intervención dos ouvintes. Podedes descargar o especial completo en http://www.opaii.blogspot.com



Cunha_retransmision_Mani-Reganosa_-_xunho2008.mp3
::DESCARGAR::



Cunha_mani-8junho_filispim-2.mp3
::DESCARGAR::



ReportaxeComiteEmerxencia-5xuo2008.mp3
::DESCARGAR::


Producción: Radio FilispiM   |   Duración aproximada: 00:15:00

O feche na Casa do Concello, que dende o 3 de xuño tiñan iniciado os membros do Comité de Emerxencia, co fin de demandar da Corporación un pronunciamiento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría, finalizou ao rematar a manifestación as portas da propia Casa do Concello, onde, nun acto simbólico, os fechados se incorporaron aos manifestantes sendo recibidos cunha grande ovación.

Este 5 de xuño no que se vén de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité, en rolda de prensa, puxo de manifesto a necesidade dun desenvolvemento sostíbel baseado en criterios medioambientais e de seguridade. Especialmente no caso Reganosa, a máis grave ameaza dentro da Ría de Ferrol e todo o seu ecosistema global, que de xeito permanente está a poñer en perigo a vida de milleiros de persoas.

A súa xestación e instalación, fraguada entre a Xunta de Fraga, o Grupo Tojeiro e outras empresas privadas, nun Pacto “Confidencial” contra o interese público, así como a súa viabilidade e autorización de funcionamento, outorgada polos gobernos actuais, fan que se trate, do maior caso de corrupción económico-política ocorrido no Estado español nesta democracia.

O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ratifícase na súa posición mantida desde hai oito anos, de PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA!, á vez que denuncia as novas ameazas que a Planta vai ocasionar:
- Multiplicar por 2,5 a súa capacidade de regasificación, o que suporá multiplicar o volume de auga esterilizada e bombeada.
- Incrementar o perigoso tráfico de gaseiros dentro da ría de Ferrol, que pasarían dos actuais 1,6 mensuais a máis de 4 mensuais.
- Voadura da canle de entrada, para facilitar o tránsito dos gaseiros, coa destrución dun ecosistema protexido e o perigo de danos irreparables ao patrimonio histórico e cultural da súa contorna.
- Distribución do gas en camións cisterna pola rede de estradas galegas, que non é máis que unha operación propagandística e unha irresponsabilidade que pon en risco a toda a poboación circundante.

Podedes descarcar ou ouvir o audio íntegro da retransmisión (2 horas) no sitio http://www.opaii.blogspot.com

Informou Rádio FilispiM, 93.9FM, radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.

Especiales
Aquí encontrarás audios que no corresponden a ningún programa que regularmente esté disponible en nuestra web. Ver más

Canal RSS/Podcast de Especiales

RSS/Poscast
spip.php?page=backend&id_rubrique=3

Archivos anuales:
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005


Esta web es un proyecto de la Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid (URCM) www.urcm.net