O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (A Coruña-GZ), convocou o pasado domingo 8 de xuño de 2008 as 12:00 horas, unha nova manifestación que partiu do porto de Ferrol, co fin de visualizar a terríbel equivocación que supón a instalación e posta en marcha da planta regasificadora Reganosa, na súa actual ubicación: a menos de dous quilómetros de núcleos poboacionais coma Mugardos ou Ferrol. Rádio FilispiM 93.9 FM, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos-Ferrol, realizou un programa especial con conexións en directo durante a manifestación e intervención dos ouvintes. Podedes descargar o especial completo en http://www.opaii.blogspot.com

19 de junio de 2008
| Producción: Radio FilispiM
| Duración: 00:15:00

O feche na Casa do Concello, que dende o 3 de xuño tiñan iniciado os membros do Comité de Emerxencia, co fin de demandar da Corporación un pronunciamiento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría, finalizou ao rematar a manifestación as portas da propia Casa do Concello, onde, nun acto simbólico, os fechados se incorporaron aos manifestantes sendo recibidos cunha grande ovación.

Este 5 de xuño no que se vén de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité, en rolda de prensa, puxo de manifesto a necesidade dun desenvolvemento sostíbel baseado en criterios medioambientais e de seguridade. Especialmente no caso Reganosa, a máis grave ameaza dentro da Ría de Ferrol e todo o seu ecosistema global, que de xeito permanente está a poñer en perigo a vida de milleiros de persoas.

A súa xestación e instalación, fraguada entre a Xunta de Fraga, o Grupo Tojeiro e outras empresas privadas, nun Pacto “Confidencial” contra o interese público, así como a súa viabilidade e autorización de funcionamento, outorgada polos gobernos actuais, fan que se trate, do maior caso de corrupción económico-política ocorrido no Estado español nesta democracia.

O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ratifícase na súa posición mantida desde hai oito anos, de PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA!, á vez que denuncia as novas ameazas que a Planta vai ocasionar:
 Multiplicar por 2,5 a súa capacidade de regasificación, o que suporá multiplicar o volume de auga esterilizada e bombeada.
 Incrementar o perigoso tráfico de gaseiros dentro da ría de Ferrol, que pasarían dos actuais 1,6 mensuais a máis de 4 mensuais.
 Voadura da canle de entrada, para facilitar o tránsito dos gaseiros, coa destrución dun ecosistema protexido e o perigo de danos irreparables ao patrimonio histórico e cultural da súa contorna.
 Distribución do gas en camións cisterna pola rede de estradas galegas, que non é máis que unha operación propagandística e unha irresponsabilidade que pon en risco a toda a poboación circundante.

Podedes descarcar ou ouvir o audio íntegro da retransmisión (2 horas) no sitio http://www.opaii.blogspot.com

Informou Rádio FilispiM, 93.9FM, radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.

Aquí encontrarás audios que no corresponden a ningún programa que regularmente esté disponible en nuestra web.
Archivos anuales
Canal RSS/Podcast

ÚLTIMAS EDICIONES



INVENTOS-Ideas_que_cambian_vidas.mp3
MP3 |19.2 Mio

Presentación de la exposición abierta hasta el 26 de octubre en CaixaForum Madrid (Actividad gratuita) Interviene José María Medina, director de Prosalus, Comisario de la exposición De 00:00 (…)



Festi_almenara_2014-2.mp3
MP3 |55 Mio

Actuación del grupo THE FATTY FARMERS en el XI Festival Almenara 2014, el 28 de junio de 2014, en el Parque Rodríguez Sahagún, de Madrid (El índice de tiempos es aproximado) De 00:00 a 00:26 (…)



Festi_almenara-1.mp3
MP3 |45.6 Mio

Actuación del grupo FUNKOLATE en el XI Festival Almenara 2014, el 28 de junio de 2014, en el Parque Rodríguez Sahagún, de Madrid (El índice de tiempos es aproximado) De 00:33 a 04:13 "Pick (…)