Compostela, 17 de febreiro de 2008.
Masiva asistencia á manifestación contra a destrución do territorio.
Radio FilispiM, compilou os audios producidos polo portal www.vieiros.com no seguinte documento.
Unhas 10.000 persoas acudiron á convocatoria do movemento Galiza Non Se Vende para manifestarse contra a destrución do territorio. O acto encheu as rúas de Compostela e a Praza da Quintana na que se leu o comunicado final.Dende hai moitos anos non se lembraba en Compostela unha marcha tan multitudinaria como a de hoxe. O ano pasado, o mesmo movemento, denominado Rede Litoral vivo, logrou convocar a 4000 persoas baixo o lema “Galiza non se vende”. As reivindicacións tiveron como denominador común a defensa do territorio galego, ameazado por innumerabeis proxectos que, lonxe de procurar riqueza, esquilman os recursos naturais. Durante o traxecto, festivo e reivindicativo, os representantes de Burla Negra, paroriando aos membros do goberno, rebautizaron diversas rúas da cidade: rúa do doutor Tojeiro, rúa do Villar Mir, rúa do Bipartito… os asistentes procedían de toda Galiza. Das vilas mariñeiras sobre as que pende a ameaza das piscifactorias; do Courel; Lugo; Ferrol e Mugardos, sempre fieles á cita; Pontedeume; Ortigueira; o Ribeiro e un longo etcétera. Durante a lectura do manifesto houbo unha sentida homenaxe a Carmelo Teixeiro, recentemente fallecido e fundador do Comité de Emerxencia contra a planta de gas na ría de Ferrol.
El abogado especialista en derecho informatico, David Bravo, visitó las instalaciones de CAMON como coordinador del ciclo de conferencias Creative Commons, y dio la conferencia inaugural, (…)
De la Cueva y Soto han participado con una charla sobre alternativas al copyright para creadores y artistas en la segunda jornada del ciclo Creative Commons en España.
El ciclo de conferencias (…)
En la tarde del domingo 13 de septiembre el Presidente del Estado Plurinacional de Bolivia, Evo Morales ha visitado la localidad madrileña de Leganés. Así, se han reunido en torno a 8000 personas (…)