
Entrevista realizada el pasado martes 21 de marzo a Houmad el Kadiri miembro
de la organizacion Hispano-Palestina y de la CEOSI (Coordinadora Estatal de Organizaciones Solidarias con Iraq), con (…)

Os pasados 18 e 19 de outubro de 2008 celebrouse en Vigo (Galiza) o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. Atrás quedan as xornadas de debate por rexións e por áreas de acción, até que as conclusións tomaron forma dunha convocatoria para a acción global no 2010 na rexión dos Grandes Lagos en África, simultaneada con accións locais no resto do mundo e organizadas en cada rexión.
Deste VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, emanaron a partir dunha redacción consensuada, varios documentos, dentre os que destaca o Informe de Europa, focado sobre o tema da crise financeira que se está a dar no mundo. Tamén se realizou a presentación do libro da Marcha Mundial das Mulleres, comemorativo dos 10 anos de historia, e publicado nos idiomas que utiliza a Marcha.
O Foro de Soberanía Alimentaria e a Feira que tiveron lugar durante o fin de semana, foron acontecementos que arrouparon e complementaron o Encontro, e polo seu carácter público, conseguiron sumar a cidadanía galega ao proxecto de soberanía alimentaria compartido pola Marcha Mundial das Mulleres con moitos outros colectivos sociais galegos.
A Manifestación do domingo polas rúas de Vigo trouxo milleiros de persoas á Marcha, organizadas en torno ao movimento feminista, representacións de todas as partes do país acompañaron o proxecto do feminismo internacional, e numerosas organizacións mixtas apoiaron esta mobilización galega e internacional.